Amosando publicacións coa etiqueta lugo xermade vilalba deporte escolar loitas olímpicas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lugo xermade vilalba deporte escolar loitas olímpicas. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de marzo de 2014

XORNADA NORTE DE LOITAS OLÍMPICAS DE DEPORTE BASE

Este sábado 29 terá lugar no pavillón municipal dos deportes de Lugo a Xornada Norte de Loitas Olímpicas de Deporte de Base na que participarán varios clubs da provincia coa intención de clasificarse para a final do mes de Maio en Tuí.
Lugo, Rábade e Vilalba mediranse entre eles e tamén con outros clubs da provincia da Coruña na loita por quedar entre os tres primeiros clasificados que daría acceso á final A.
Vilalba viaxará a Lugo con 11 loitadores Alevíns de Vilalba e Xermade.
A xornada será de mañá de 10 a 12 horas.
Moita sorte a todos!!