domingo, 15 de agosto de 2010
venres, 13 de agosto de 2010
ALEXIS RODRIGUEZ NAS XORNADAS INTERNACIONAIS DE ADESTRAMENTO DE VILALBA
Así é, están a leer correctamente: Alexis Rodríguez está a adestrar en Vilalba. O campión mundial do 98 e bronce na Olimpiada de Sidney na categoría 120 kg comparte os seus segredos cos deportistas do club vilalbés.
Alexis, unha referencia a nivel mundial e un dos loitadores máis repectados por todos os que practican as loitas olímpicas, acedeu a traballar intensivamente con Jose Cuba durante o mes de Agosto para axudarlle a preparar o próximo mundial de Setembro. En adestramentos de mañá e tarde, o vilalbés permanece pegado ao cubano tentando empaparse dos seus coñecementos e experiencia, experiencia que levouno a conquerir ademais dos resultados xa mencionados unha copa do mundo, 4 pratas en mundiais e moitos panamericanos e torneos mundiais.
O obxectivo principal desta actividade é axudar aos deportistas vilalbeses e galegos participantes en competicións internacionais a que teñan contacto coas primeiras figuras mundiais deste deporte. Por iso o Club de Loitas Olímpicas Vilalba quere convidar a todos os loitadores galegos interesados en adestrar con nós durante o mes de Agosto a que se acheguen a Vilalba e coñezan a algunha desta figuras internacionais.
Os adestramentos son ás 12:00 pola mañá e as 18:00 pola tarde na sala de loita do auditorio municipal de Vilalba.
As nosas instalacións están moi limitadas para a práctica deste deporte, polo que se roga aos interesados que previamente se poñan en contacto co adestrador do club para organizar os adestramentos nunhas condicións axeitadas chamando ao teléfono 677 51 86 21.
Sede todos ben vidos.
No seguinte video podedes ollar a final do mundial do 2007 no que o cubano Alexis Rodríguez caeu ante o ruso Bilyal Makhov:
No seguinte vido Alexis Rodriguez imponse ao dúas veces campión olímpico Arthur Taymazov
xoves, 12 de agosto de 2010
CUBA CAE NA PRIMEIRA ROLDA DO TORNEO INTERNACIONAL ZIOLKOWSKI DE POLONIA
Foi na primeira rolda onde o vilalbés enfrontouse ao húngaro Daniel Higeti, loitador que xa venceu ao noso en varias ocasións e que está a ter unha formidable progresión. Aínda así foi un combate moi igualado que acabou levando o húngaro por un axustado 1-0 e 1-0 e máis por os erros tácticos de Cuba que pola superioridade do xove loitador do este.
Tras analizar o videos do enfrontamento, os adestradores de Cuba amósanse satisfeitos co seu rendemento pois afirman que cada vez as diferenzas son menores achegándose ao nivel da elite mundial.
En todo caso o torneo foi dunha complexidade destacada, cunha participación de 20 países e con representantes de campións e medallistas mundiais e europeos, como o caso do Ukraniano Vadyn Tasoev que acabou impoñéndose na categoría de Cuba, seguido do polaco Bartnicki Bartłomiej. Outros medallistas mundiais que participaron na categoría foron o americano Tommy Rowlands ou o grego Ioannis Arzoumanidis.
Dende esta semana Cuba ultima en Vilalba a súa preparación de cara ao mundial de Setembro contando coa axuda dun dos loitadores máis recoñecidos a nivel mundial na súa categoría, o cubano Alexis Rodríguez campión do mundo e bronce na olimpiada de Sidney.

martes, 3 de agosto de 2010
NEREA VILA, A PRIMEIRA GALEGA NUN EUROPEO CADETE DE LOITA
Dende o 3 ao 8 de Agosto terá lugar en Sarajevo os Campionatos de Europa de Loitas Olímpicas da categoría Cadete. Alí, a viguesa Nerea Vila do Club San Ignacio fará historia ao ser a primeira galega que participará nuns continentais de loitas olímipicas. O fará na categoría de menos de 56 kg e estará acompañada da andaluza Marina Rueda en menos de 52 kg.
A selección española conta tamén con representantes na modalidade de libre olímpica (Daniel Rama en menos de 69kg e Adrián Gómez en menos de 76 kg) e grecorrmana (José De Unzuela en menos de 63 kg).
O adestrador de Nerea no CGTD de Pontevedra, Alexander Katchalaev, atópase moi optimista coa participación da galega salvando a dificultade que supón a primeira participación nun continental.
Podedes seguir case que en directo a competición nos seguintes enlaces:
www.hrvackisavez.ba/ecwc2010/
www.fila-wrestling.com/
PROGRAMA DO CAMPIONATO
Desexámoslles moita sorte a todos.

luns, 2 de agosto de 2010
TORNEO INTERNACIONAL ZIOLKOWSKI
A selección española participará a partir do 5 de Agosto no T.I. Senior de Libre Olímpica Ziolkowski en Polonia. O equipo está formado por 5 loitadores, entre eles José Cuba na categoría de menos de 120 kg. Acompáñano o balear Francisco Sánchez en menos de 55 kg, Agustín Sánchez en menos de 60 kg, o murciano Alberto Martínez en menos de 74 kg e o madrileño Boris Andonov en menos de 84 kg.
O equipo permanece adestrando concentrado dende o 29 de Xullo na base polaca de Spala dende co obxectivo de preparar esta clásica cita veraniega. O noso deportista terá a súa pesaxe o próximo sábado 7 e comezará as eliminatorias o Domingo 8.
Espérase unha grande afluencia de países cunha importante competencia por ser o derradeiro torneo internacional antes do mundial, sen dúbida unha grande oportunidade para o noso deportista.
O 9 de Agosto Cuba regresará a Vilalba para afrontar a fase final da súa preparación de cara aos mundiais de Setembro. Dende o club xa se está a traballar para conquerir sparrings do máis alto nivel que poidan adestrar en Vilalba durante a segunda quincena de Agosto, a principal alternativa pasa por un recoñecido deportista estranxeiro varias veces campión do mundo e subcampión olímpico.
Sorte a todos
Noticias relacionadas:
Federación polaca de loita
Federación Internacional de loitas olímpicas
Federación española

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)