Amosando publicacións coa etiqueta Polonia Ziolkowski jose cuba selección española loita lucha wrestling olimpica olympic lucha villalba vilalba. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Polonia Ziolkowski jose cuba selección española loita lucha wrestling olimpica olympic lucha villalba vilalba. Amosar todas as publicacións

luns, 2 de agosto de 2010

TORNEO INTERNACIONAL ZIOLKOWSKI

A selección española participará a partir do 5 de Agosto no T.I. Senior de Libre Olímpica Ziolkowski en Polonia. O equipo está formado por 5 loitadores, entre eles José Cuba na categoría de menos de 120 kg. Acompáñano o balear Francisco Sánchez en menos de 55 kg, Agustín Sánchez en menos de 60 kg, o murciano Alberto Martínez en menos de 74 kg e o madrileño Boris Andonov en menos de 84 kg.
O equipo permanece adestrando concentrado dende o 29 de Xullo na base polaca de Spala dende co obxectivo de preparar esta clásica cita veraniega. O noso deportista terá a súa pesaxe o próximo sábado 7 e comezará as eliminatorias o Domingo 8.
Espérase unha grande afluencia de países cunha importante competencia por ser o derradeiro torneo internacional antes do mundial, sen dúbida unha grande oportunidade para o noso deportista.
O 9 de Agosto Cuba regresará a Vilalba para afrontar a fase final da súa preparación de cara aos mundiais de Setembro. Dende o club xa se está a traballar para conquerir sparrings do máis alto nivel que poidan adestrar en Vilalba durante a segunda quincena de Agosto, a principal alternativa pasa por un recoñecido deportista estranxeiro varias veces campión do mundo e subcampión olímpico.
Sorte a todos
Noticias relacionadas:
Federación polaca de loita
Federación Internacional de loitas olímpicas
Federación española