Amosando publicacións coa etiqueta gran premio de alemania catriel pehuén muriel. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta gran premio de alemania catriel pehuén muriel. Amosar todas as publicacións

domingo, 3 de xullo de 2016

CATRIEL PEHUÉN CAE EN PRIMEIRA ROLDA NO GRAND PRIX DE ALEMANIA

Catriel Pehuén non puido superar ao turco Dede Yunus Emre ante o que caeu por superioridade técnica. Tamén quedou fora da loita polas preseas ao perder o turco na segunda rolda ante o representante polaco Kamil Skaskiewicz.
Catriel comezou a tempada pasada a loitar por Arxentina ao ser becado no CENARD (Centro de Alto Rendemento), deixou Vilalba onde comezou a practicar este deporte para instalarse no seu país de orixe e onde lle brindaron máis posibilidades de adestramento.
Tras permanecer concentrado en Alemania varias semanas para preprarar a cita xermana viaxará esta semana a Lugo para preparar en Vilalba a súa participación no Gran Premio de España que se disputará o próximo 9 de xullo en Madrid.