Amosando publicacións coa etiqueta carlos yobani garcía loita olímpica vilalba torneo internacional de jóvenes promesas murcia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta carlos yobani garcía loita olímpica vilalba torneo internacional de jóvenes promesas murcia. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de abril de 2019

O CANSANCIO VENCE A CARLOS YOBANNI

Esta fin de semana celebrouse en Murcia o "Torneo Internacional de Jóvenes Promesas" que acolleu a loitadores de países como USA, Suecia, Suiza, Israel ou Noruega e no que se disputaron en dous días as categorías Sub23 e júnior.
O vilalbés Carlos Yobani García participou en ámbalas dúas cateogorías con sorte dispar en cada unha delas. O sábado, Carlos disputou a categoría Sub23 acadando a prata tras perder ante o asturiano Carlos Álvarez por diferencia de puntos na final. Carlos amosou un baixo estado de rendemento despois de dous meses de competicións continuadas e nas que non perdeu ningún enfrontamento. O baixo rendemento evidenciouse o domingo na disputa da categoría júnior na que non gañou ningún dos 3 enfrontamentos que disputou.
Agora toca recuperarse e correxir os erros amosados tras un descanso que permita voltar ao alto rendemento ao noso deportista.