Amosando publicacións coa etiqueta ayuntamiento de vilalba. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ayuntamiento de vilalba. Amosar todas as publicacións

venres, 12 de abril de 2024

RECEPCIÓN NO CONCELLO


Esta semana as nosas e os nosos deportistas participantes nos pasados campeonatos de España U13, U17 e U20 foron recibidos no Concello de Vilalba pola nosa alcaldesa Marta Rouco e a concelleira de deporte Paula Vigo. As autoridades municipais felicitaron de maneira especial a Jimena García por ser  a primeira vilalbesa en acadar o título de Campiona de España na categoría U 13 e a Kevin Cuba por facerse co ouro en U117 e a prata en U20. 

Quique González, Héctor Somoza e Bruno Pintos tamén foron felicitados pola súa participación nos pasados campionatos de España U13 que se celebraron o 16 de marzo en León.