Amosando publicacións coa etiqueta Kevin Cuba Jóvenes Promesas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Kevin Cuba Jóvenes Promesas. Amosar todas as publicacións

domingo, 23 de abril de 2023

KEVIN CUBA GAÑA O T.I. JÓVENES PROMESAS

O noso deportista ven de gañar o Torneo Internacional de Jóvenes Promesas que se celebrou esta fin de semana na localidade alicantina de La Nucia na que foi a súa primeira convocatoria co equipo nacional cadete despois de gañar os pasados Campionatos de España.

Kevin, que é especialista en Libre Olímpica, so tivo un enfrontamento ante o actual campión de España da modalidade de grecorromana nun combate no que o primeiro asalto sería en Grecorromana e o segundo en Libre Olímpica.

A próxima cita para Kevín será o campionato galego cadete do 6 de maio no que intetará facer o maior número de combates posibles nunha tempada dificil para os cadetes de primerio ano.