Amosando publicacións coa etiqueta III MEMORIAL ALEXANDER KATCHELAEV. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta III MEMORIAL ALEXANDER KATCHELAEV. Amosar todas as publicacións

luns, 10 de novembro de 2025

Ouro, Prata e Bronce no III Memorial Alexander Katchelaev

Esta fin de semana participamos no III Memorial Alexander Katchelaev que se celebrou na localidade pontevedresa de Sanxenxo na que o mítico adestrador soviético viviu durante a súa etapa en Galicia.

O noso equipo estivo formado por Adniel Montes en menos de 92 kg e Andi Maceiras en 80 kg na categoría U17, na que  o primeiro acadou a prata mentres que Andi rematou en 7º lugar.

Na categoría U23 contamos con Kevin Cuba que acadou o Ouro en menos de 97kg e Xiao Seoane que tamén subiu ao podio cun bronce en menos de 74 kg.

Este torneo abre a pretempada de competicións preparatorias para o 2026  na que agardamos mellorar os resusltados deste 2025.