Amosando publicacións coa etiqueta Campionato Campeonato Mundo Mundial lucha loita wrestling olimpicas olympic. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Campionato Campeonato Mundo Mundial lucha loita wrestling olimpicas olympic. Amosar todas as publicacións

xoves, 29 de xullo de 2010

REMATA O CAMPIONATO DO MUNDO JUNIOR DE LOITAS OLIMPICAS

O 25 de Xullo rematou o mundial da categoría Junior que tivo lugar na capital de Hungría. En total participaron 592 deportistas nas modalidades de Libre Olímpicas, Grecorromana e Loita Feminina, cifra de participación somentes superada polos mundiais de atletismo. A selección española viaxou só con 3 deportias; a balear Karima Sánchez en menos de 55 kg e que acadou un meritorio 5º posto na loita polo bronce, a andaluza Irene García en menos de 63 kg que rematou en 8º posto e o madrileño Cristian Rodríguez en menos de 96 kg e que perdeu en primeira rolda na modalidade de libre olímpica perante o representante koreano.
Na clasificación por países destacar a dominancia de Rusia que acadou o primeiro posto nas 3 categorías. En libre olímpica o segundo posto foi para Acerbaijan e o terceiro para Georgia. En grecorromana a prata foi tamén para Acerbaijan e o bronce para Turkía. O segundo posto en loita feminina foi para China seguida de Japón.