Amosando publicacións coa etiqueta CLUB DE LOITA VILALBA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CLUB DE LOITA VILALBA. Amosar todas as publicacións

domingo, 24 de maio de 2026

MAURO BASANTA BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA U13

Esta fin de semana tiveron lugar en Sevilla os Campionatos de España U13 e ate alí fumos con 4 dos nosos alumnos formando parte da selección galega que finalizou o campionato coa segunda praza en Libre Olímpica e Libre Feminina.

Os nosos deportistas en Sevilla foron Isaac Funcasta que rematou en 9º posto,, Carla Cazás e Daniela González clasificadas en 4º posto e Mauro Basanta que destacou no seu primeiro campionato de España rematando a súa participación cun Bronce.

Todos os nosos deportista amosaron un gran desempeño gañando varios combates na súa primeira participación nun Campionato de España.

O equipo galego tamén contou coa representación doutra deportista lucense, Enma García do Club de Loita Lugo tamén se estreou nun campionato de España acadando outro bronce para o equipo galego.


domingo, 26 de abril de 2026

TORNEO VILLA DE GIJÓN

Este sábado 25 abril viaxamos a Gijón para participar no tradicional torneo Villa de Gijón no que estiveron presentes algúns dos clubs máis potentes de España.

O noso equipo, xunto ao Keltoi de Vila de Cruces conformou a selección galega que participou no evento acadando o 3º posto en Libre Feminina e o 4º posto en Libre Masculina por equipos.

Destacar que o noso alumnado acadou o pleno de medallas subindo todos eles ao podio.

 Noela González Carreira, Enrique Seoane e Sara Martínez obtiveron o ouro tras gañar as súas categorías.

Pola súa banda, Jimena García e Héctor Somoza acadaron sendas pratas mentres que Andrés e Alonso Maceiras, Kevin Cuba e Marco Gaute fixéronse co bronce nas súas categorías.