Tres dos nos
deportistas veñen de disputar o Torneo Internacional de Xoves Promesas que se
celebrou esta tarde no Pavillón Esperanza Lag de Elche para o que foron
convocados pola selección española tras a súa clasificación nos pasados
campionatos de España.
O torneo, cita
internacional máis importante do estado das categorías previas á absoluta,
acolleu a centos de loitadores de diversos países europeos das categorías
cadete e júnior.
Yago López acadou
o ouro en cadete en menos de 100 kg e a prata na categoría júnior en menos de
97 kg caendo na final ante o loitador de Georgia Givi Matcharashvili. Carlos Yobanni García
acadou a prata en júnior menos de 60 kg tras caer na final ante o georgiano
Taimuraz Vanishvili e Roberto Díaz Orosa conformouse co bronce tras loita a
repesca ao perder en primeia rolda ante o tamén georgiano Ramaz Turmanidze.
Agora os nosos
deportistas permanecerán concentrados coa selección española no CAR Infanta
Cristina de San Javier (Murcia) co obxectivo de preparar as próximas citas
internacionais.
Noraboa a todos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario