Os nosos
deportistas veñen de disputar os campionatos de España das categorías escolar e
júnior que se celebrou onte pola tarde no Palacio dos deportes de Oviedo e onde
colleitaron 4 preseas que se suman ás 4 acadadas o mes pasado nos estatais
cadete e sénior.
En categoría
escolar Rubén Fraga acadou o bronce en libre olímpica en menos de 73 kg,
mentres que Samuel García en menos de 47kg e Martín Pena en menos de 85 kg non
tiveron moitas oportunidades de loitar polas medallas clasificándose no 7º e 4º posto respectivamente.
Na categoría
júnior os mellores resultados foron as pratas de Yago López en menos de 97kg e Roberto
Díaz en menos de 55kg , mentres que Carlos Yobani García fíxose co 3ºposto en
menos de 60kg.
O Vilalba acadou
o 7º posto por equipos na categoría escolar e o 4º posto en júnior.
O Rábade tamén
tivo representación no máximo evento
estatal da categoría júnior, no que Laura Pena en menos de 48 kg acadou
un 6º posto e Laura Arias en menos de 55kg o 4º posto, o que lle valeu ao
Rábade o 7º posto por equipos.
Varios destes
deportistas participarán agora nas concentracións preparatorias dos torneos
internacionais clasificatorios para os europeos cadete e júnior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario