mércores, 13 de novembro de 2024

FINALIZAMOS AS ACTIVIDADES DO PLAN CORRESPONSABLES


 Esta semana finalizamos as xornadas deportivas do Plan Corresponables que permitiron que máis de de 60 nenas e nenos entre os 6 e os 16 anos coñecesen este deporte entre os meses de xullo e novembro.

Unha boa iniciativa que axuda a dar visibilidade ás actividades deportivas como alternativa de ocio para a mocidade.

domingo, 10 de novembro de 2024

II MEMORIAL ALEXANDER KATCHELAEV



 Onte celebrouse no Pavillón do CGTD de Pontevedra a segunda edición do torneo en memoria do adestrador Alexander Katchelaev e ate a cidade do Lérez desprazámonos con 3 das nosas novas promesas Kevin Cuba, Jairo Mosteiro na categoría U17 e Xiao Seoane na categoría sénior.

Kevin acadou o ouro en menos de 110 kg mentres que Jairo acadou unha meritoria prata en 65 kg. Pola súa banda,  Xiao tamén acadou a prata en 65 kg.

Estes torneos son importantes no inicio da tempada para a formación dos nosos deportistas que aspiran a participar no 2025 nos campionatos de España das súas categorías.




luns, 28 de outubro de 2024

TORNEO INTERNACIONAL VILLA DE MADRID

 

Varios dos nosos deportistas loitaron esta fin de semana no Torneo Villa de Madrid que reuniu a máis de 400 deportista na capital.

Esta é a primeira competición da tempada e sirvenos para valorar o estado de forma dos nosos deportistas neste inicio de curso.

Na competición disputáronse diferentes categorías, dende U13  a U23 e congregou a deportistas do Estado  xunto a unha forte presenza de loitadores e loitadoras estranxeiros.

Dos nosos deportistas, convocodos coa selección galega temos que destacar a :

Na categoría U13:

  • Enrique Seoane (Campión en menos de 70kg).
  • Hèctor Somoza (5⁰ en menos de 55 Kg; non puido acabar a competición por molestias).
  • Bruno Pintos do Lugo Loita Olímpica (9⁰ en menos de 45 kg).
  • Jimena García (5ª en emnos de 65 kg).

E en U23:

  • Xiao Seoane (8⁰ en menos de 65 kg).
Todos estes deportistas disputaron este ano diferentes campionatos de España.

xoves, 24 de outubro de 2024

CATRIEL PEHUÉN ESCOLLIDO MELLOR DEPORTISTA DE LOITA NOS PREMIOS DO PROGRESO

 

O pasado xoves 24 tivo lugar no Hotel Méndez Núñez a gala do Deporte Lucense organizada polo xornal El Progreso e no que se escollen aos mellores deportistas de varias modalidades.

Catriel Pehuén foi o galardoado na modalidade de loitas olímpica seguido de Kevin Cuba, tamén loitador da nosa escola e que xa fora galardoado na pasada semana.

O loitador de orixe arxentino recibiu o premio da man da Subdelegada do Goberno María Isabel Rodríguez López, e entre os méritos para a súa candidatura foron os Ouros nos Campionatos Galegos Absolutos e a prata nos Campionatos de España Sénior. 

martes, 9 de xullo de 2024

CONCENTRACIÓN INTERNACIONAL DO GRAN PREMIO DE ESPAÑA

Estas dúas semanas Kevin Cuba Goas  permanecerá  concentrado coa selección española no CAR do CSD de Madrid. Durante uns días o noso deportista adestrará con deportistas de varios equipos nacionais que ultiman a súa participación nos Xogos Olímpicos de París 2024. Kevin, que se incorporou o día 5 antes do Gran Premio,
estará acompañado do vilalbés José Cuba que non puido loitar o Gran Premio de España ao estar recén recuperado dunha lesión de xeonllo pero si estará na concentración internacional á que se incorporará o luns. Esta actividade é unha das máis importantes para a formación deportiva dos nosos competidores pois durante case dúas semanas adestrarán con técnicos e deportistas de primeiro nivel internacional.