domingo, 29 de novembro de 2020

CUBA CAMPIÓN DE ESPAÑA SÉNIOR POR 16ª VEZ.

 Esta fin de semana tivo lugar na localidade murciana de Los Alcáceres o campionato de España sénior de loitas olímpicas no que estivemos representados por tres dos nosos deportistas.

Entre eoles destacar a participación de Jose Cuba que coa superioridade á que nos ten acostumados alzouse co seu título de Campión de España número 16, e que por moito tempo que pase e os títulos que se acaden deixa de ser tan emocionante como a primeira vez. 

En Murcia tamén contamos coa presenza de Jose Luís Puentes que en menos de 92 kg acadou unha meritoria prata e Pablo Chao que en menos de 79 kg non tivo tanta sorte quedando apeado na primeira rolda.

A participación vilalbesa, aínda que mermada pola baixa de loitadores prioritarios como Carlos Yobani García, foi decisiva na consecución do 2º posto por equipos acadado pola selección galega.

Tras a cancelación do Mundial agora toca retomar os adestramentos e abrilos aos deportistas que ate o de agora non puideron participar polas restriccións sanitarias e que pouco a pouco irán podendo retomar os adestramentos no tapiz.

xoves, 26 de novembro de 2020

NOVO PATROCINIO DA FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO

 A Fundación Deporte Galego acaba de engadirnos outra tempada máis entre os equipos de alta competición galegos e o seu plan de patrocinio para este ano 2020. 


25 N, KM POLA IGUALDADE

 https://fb.watch/1-o6bAmOs5/

RETOMAMOS A COMPETICIÓN CO CAMPIONATO DE ESPAÑA SÉNIOR

 


Esta noite partiremos cara Murcia para retomar a competición tralo parón pola crise sanitaria que aínda nos aflixe. Cun pequeno equipo pero con toda ilusión tentaremos ser un dos piares do equipo galego e aportar máis dunha presea de ouro a Galicia.

Jose Cuba en menos de 125 kg, Jose Luís Puentes en menos de 92 kg, Pablo Chao en menos de 79 kg e Sergey Priadun como técnico porán a pegada vilalbesa nas sempre amigas terras murcianas.

Moita sorte!

luns, 24 de febreiro de 2020

VILALBA CAMPIONA GALEGA SÉNIOR POR EQUIPOS

Este sábado tiveron lugar no pavillón de Oia en Ourense os campionatos galegos de loitas olímpicas das categorías cadete e sénior. O noso club que só levou equipo sénior alzouse co primeiro posto por equipos na catogoría con 3 ouros, un bronce e un quinto posto.
Os ouros foron para Carlos Yobani García que gañou con superioridade a categoría de menos de 70 kg, Oussama Lahnin en menos de 79 kg e Ramón Monasterio en menos de 97 kg, categoría na venceu ao rabadese Martín Vázquez que aportou esta prata para o Rábade.
O bronce veu da man de Javier Rouco en menos de 125 kg mentres que Pablo Chao conformouse co quinto posto en menos de 79 kg.
Con estes resultados o noso club terá unha representación maioritaria nos próximos campionatos de España sénior que terán lugar en Pontevedra o mes de maio.