domingo, 8 de xullo de 2018

VARIOS VILALBESES CANDIDADATOS PARA SER BECADOS NO CGTD

Esta semana rematou a concentración de xóvenes talentos que a Federación Galega de Loita organiza cada ano no CGTD de Pontevedra para seleccionar aos xóvenes loitadores galegos con posibilidades de ser becados para estudar e adestrar no centro de tecnificación.
Rubén Fraga, Martín Pena e Samuel García, este último xa becado neste curso académico, participaron na edición deste ano que tivo como convidados a varios loitadores e loitadoras estranxeiros cos que compatiron experiencias.
Entre os requisitos para estudar no CGTD están tanto os deportivos como os académicos sendo imprescindible levar os cursos ao día. Tanto Rubén como Martín teñen posibilidades de acompañar a Samuel para o ano que ven no centro pontevedrés tanto por resultados deportivos, ambos medallistas nos campionatos de España, como por estudos pois deron mostras de poder compaxinar ámbalas dous facetas.
Estudar no CGTD é unha experiencia única ademáis dunha boa oportunidade para aqueles e aquelas deportistas que teñen claro que queren adicarlle tempo á súa modalidade e que non dispoñen desta posibilidade no seu entorno.

domingo, 17 de xuño de 2018

CARLOS YOBANI SELECCIONADO MELLOR LOITADOR NO TORNEO DO REAL GRUPO COVADONGA

O vilalbés Carlos Yobani García formou parte esta fin de semana do equipo galego que dispotou a 22ª edición do toreno do Real Grupo Cultural Covadonga de Asturias e no que o equipo galego clasificouse en 3º posto.
Ao resultado contribuíu de maneira decisa o vilalbés gañando os 3 enfrontamentos que disputou e polos que obtivo o galardón do mellor loitador do torneo, distinción que recolleu da man do actual seleccionador júnior Fernando Robles.
Os participantes na competición puideron disfrutar dunhas sesión de adestramento dirixidas polo loitador balear de orixe georgiano Levan Metriveli, deportista que ven de acadar o 5º posto nos pasados europeos de Kaspyisk no que tamén o vilalbés Cuba acadou o 8º posto.
Unha vez rematadas as clases Carlos comezará co ciclo especial de preparación de cara ao próximo europeo júnior que disputará a finais de xullo en Roma. 

CONCENTRACIÓN CGTD PONTEVEDRA

Varios dos nosos deportistas participaron nas pasadas fins de semana nas concentracións de tecnificación que a Federación Galega organizou no CGTD de Pontevedra e en Vila de Cruces. As concentracións, aínda que estaban abertas a outros deportistas, estiveron dirixidas principalmente ao júniors e cadetes galegos que nas próximas datas emprenderan a súa preparación para europeos e internacionais. Entre eles atópase o vilalbés Carlos Yobani que comeza a súa preparación de cara ao próximo europeo júnior que terá lugar en Roma a finais de xullo. Vilalba será a  base principal de preparación de Carlos e outros deportistas galegos que se desprazarán a nosa vila para adestrar así como concentracións en Pontevedra ou Madrid, a onde viaxará a mediados de xullo para desputar xunto a Cuba o Gran Premio de España, proba previa ao europeo de Roma.

domingo, 27 de maio de 2018

CARLOS YOBANI GARCÍA OURO NO TORNEO INTERNACIONAL DE SASSARI

O noso deportistas Carlos Yobani García ven de acadar o Ouro no Torneo Internacional Citta de Sassari que se disputou esta fin de semana na cidade Italiana. Carlos, que loitaba na categoría júnior en menos de 65 kg, alzouse co primeiro posto tras superar aos canadienses Kantin Natael e Neice Connor e aos españois Jose Javier Andújar e Carlos Gual.
Con esta victoria, a única en júnior masculina para o equipo español, Carlos achégase á participación do Campionato de Europa júnior que terá lugar en Roma a finais de xullo e que esta mesma semana comezará a preparar en Vilalba.
O outro vilalbés convocado para esta cita era José Cuba, pero non puido participar debido a unha lesión no xeonllo sufrida nos pasados Campioantos de Europa celebrados en Kaspiysk (Rusia). O vilalbés decidiu non participar en Italia co obxectivo de recuperarse de cara aos Xogos do Mediterráneo de Tarragona, cita á que tampouco poderá acudir debido á comunicación de última hora de que a organización eliminaba varias categorías da competición, sendo a de libre masculina menos de 125 kg unha delas. Agora Cuba terá máis tempo para recuperarse e preparar a próxima gran cita, o Gran Premio de España, competición na que terá que acadar presea si quere ter opcións de ser clasificado para o mundial.
Noraboa  a Carlos polo bo traballo feito e moito ánimo aos dous para continuar nesta liña!
VER MÁIS FOTOS

domingo, 20 de maio de 2018

MARTÍN PENA CAMPIÓN DA COPA DE ESPAÑA DE ESCOLAS DEPORTIVAS

Este sábado celebrouse na localidade sevillana de Alcalá de Guadaira a Copa de España de loitas olímpicas e na que o noso deportistas Martín Pena acadou o ouro en menos de 85 kg da categoría escolar.
O outro vilalbés, Samuel García Miragaya, acadou o bronce en menos de 57 kg tras caer ante o actual campión de España da categoría.
Os dous vilalbeses formaban parte da selección galega formada por 7 representantes das diferentes escolas deportivas galegas sendo a primeira vez que dous vilalbeses participan nesta competición.
Con estes resultados tanto Samuel, que está becado no CGTD de Pontevedra, como Martín pechan unha tempada na que acadaron medallas en tódolos campionatos de Estatais desta tempada.
Noraboa e a seguir adestrando para a próxima tempada!
VER MÁIS FOTOS