luns, 24 de setembro de 2012

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Está aberto o prazo único para a inscribirse nas escolas deportivas e que remata o próximo venres 5 de Outubro. Lembrade que é imprescindible apuntarse á escola deportiva municipal de loita para poder adestrar de xeito gratuíto con nós. No caso de non inscribirse haberá que abonar ao club 15 € mensuais para poder adestrar.
Preme AQUÍ para máis información.

OS NOSOS PARABÉNS PARA VERÓNICA E CUBA NO DÍA DO SEU CASAMENTO

O sábado moitos de Nós tivemos a sorte de poder acompañar a Verónica e a Cuba no inicio dunha nova andaina. Eles decidiron unir as súas vidas en matrimonio e honráronnos ao facernos testigos de tan emotivo acto. Desexámosvos toda a sorte do mundo e dámosvos as grazas por permitirnos formar parte das vosas vidas.

luns, 10 de setembro de 2012

DE NOVO A ADESTRAR

Lembrade que hoxe voltamos aos adestramentos diarios a partir das 20 horas para todos  os competidores. De momento e por mor dos recortes que estamos a sufrir nesta inxusta crise, anúlanse os adestramentos da mañá pasando a facerse un único adestramento diario. A partires de Xaneiro e unha vez coñecido o presuposto do clube para a próxima tempada saberemos se voltarmos á dobre sesión diaria, imprescindíbel para a alta competición, ou se incluso teremos que eliminar máis días de adestramento semanal.
O noso desexo e poder manter o nivel e calidade dos adestramento que tan bos deportistas está a dar, pero ata entón so queda animarvos para que seguidades a traballar para acadar as vosas metas. Vémonos pola noite.

martes, 14 de agosto de 2012

EXHIBICIÓN DE LOITAS OLÍMPICAS NAS FESTAS DE RÁBADE

O club de Rábade convidou aos loitadores vilalbeses para participar nunha exhibición de loitas olímpicas en pleno centro da vila con motivo da celebración das súas festas patronais. Un total de 18 deportistas entre nenos e adultos fixeron unha pequena mostra do traballo que cada día levamos a cabo nos adestramentos de loita, e foron varios de entre o público asistente os que se achegaron a Marcos Carral (adestrador de Rábade) interesándose pola actividade para inscribir aos seus pequenos de cara ao próximo curso académico.
Temos que felicitar aos compañeiros de Rábade e en especial a Carral polo bo traballo que están facer.
PREME AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS DA ACTIVIDADE