domingo, 30 de xaneiro de 2011

OS VILALBESES CAEN EN PRIMEIRA ROLDA NO IVAN YARIGUIN

Os vilalbeses José Cuba e Jose Luís Puentes non puideron pasar a primeira rolda do prestixioxo Ivan Yariguin. Cuba en menos de 120kg non foi quen de superar ao representante de Kazakistán ante o que caeu en dous asaltos, o primeiro por 0-1 decidido no clinch e o segundo por un axustado 1-1.
Pola súa banda, Puentes caeu ante o representante de Bulgaria por 4-0 e 2-0.
As categorías pesadas estiveron dominadas polos loitadores rusos que amasaron a maioría das preseas, somentes o norteamericano Dlagnev foi quen de obter o bronce en menos de 120 kg tal e como podemos ollar no resumo dos principais resultados das 3 categorías máis pesadas:
84 kg
Gold - Anzor Urishev (Russia)
Silver - Albert Saritov (Russia)
Bronze - Soslan Ktsoev (Russia)
Bronze - Abdusalam Gadisov (Russia)

96 kg
Gold - Shamil Akhmedov (Russia)
Silver - Vladislav Baytsaev (Russia)
Bronze - Georgy Ketoev (Russia)
Bronze - Yuri Belonovsky (Russia)

120 kg
Gold - Bakhtiyar Akhmedov (Russia)
Bronze - Barzaga Kesaev (Russia)
Bronze - Alan Tsarikaev (Russia)
Bronze - Tervel Dlagnev (USA)
Os nosos deportistas chegarán este martes a Galicia onde comezarán a preparar as próximas citas; a primeira o campionato galego que terá lugar o próximo 12 de Febreiro en Pontevedra, depois Puentes volverá a Siberia para tomar parte no clásico torneo de Neftayugansk mentras que Cuba viaxará a Bulgaria para loitar no prestixioso Dan Kolov.

Outras fontes:

xoves, 27 de xaneiro de 2011

O BLOG VOLVE A ESTAR OPERATIVO

Nestas últimas semanas apenas poidemos actualizar o blog por mor dun erro no mesmo. Agardamos telo solucionado e seguir a publicar as novas sobre os nosos deportistas. Desculpade as molestias.

JOSE CUBA MANTERÁ O ADO DURANTE O 2011

O vilalbés José Cuba enterouse onte de que o CSD manterá a súa beca ADO durante o 2011. A nova chegoulle onte por teléfono a Kranoyarks da man de Francisco Iglesias director técnico da federación española e máximo responsable da defensa do proxecto deportivo de Cuba perante o CSD.
Esta axuda facilitará ao vilalbés a súa adicación ao adestramento coa vista posta nos Xogos Olímpicos de Londres.
Este Domingo os vilalbeses Cuba e Puentes comezarán as desputas do Ivan Iariguin no que será a súa primeira cita internacional do ano.
Boa sorte a ambos.

venres, 14 de xaneiro de 2011

A VIAXE A SIBERIA DE CUBA E PUENTES EN LA VOZ DE GALICIA

O xornal La Voz de Galicia na edición de onte publica a noticia sobre a participación dos vilalbeses Jose Cuba e Jose Luís Puentes no prestixioso torneo Ivan Iariguin de Kranojarks (Rusia). Este torneo é a homenaxe que os rusos fan ao falecido loitador que leva o seu nome e ao que lle foron  concedidas en vida as maiores distincións da Unión Soviética. Os suculentos premios en metálico para os gañadores e a clasificación para a copa do mundo, fan deste evento un dos máis duros do planeta, hai quen di que chega a superar o propio campionato mundial. O caso é que os vilalbeses obtiveron a invitación para tomar parte nel por segundo ano consecutivo polo que viaxarán ao remoto Krasnojarsk do próximo día 25 de Xaneiro.
Resaltar que aos 20 días da súa chegada a Galicia dende Kranojarks voltarán a tomar o avión de regreso a Siberia, pero esta vez á tamén remota Neftayugansk para tomar parte no torneo da rexión.
Se alguén se anima, pode facer os cálculos dos kilómetros que percorrerán no espazo dun mes....agardamos a solución nas mensaxes.
Boa sorte.
VER MÁIS RECORTES DE PRENSA 

xoves, 13 de xaneiro de 2011

CONVOCATORIA DE JOSE CUBA PARA PARTICIPAR NO INTERNACIONAL DAN KOLOV DE BULGARIA

O vilalbés José Cuba formará parte do equipo español que participará no Torneo Internacional Dan Kolov na cidade búlgara de Burgas.
 O campionato terá lugar a finais do mes de Febreiro, 15 días antes do Campionato de España do que sairá o equipo preolímpico de cara aos xogos de Londres 2012.
Antes da cita búlgara Cuba loitará xunto co tamén vilalbés Jose Luís Puentes no Torneo Internacional Ivan Iariguin de Krasnojarsk (Rusia), un dos torneos máis duros da tempada e para o que a Federación Galega fixo un gran esforzo en termos representación galega.