luns, 27 de setembro de 2010

COMEZA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Hoxe comeza o prazo para inscribirse nas EDM do Concello de Vilalba. Para todos aqueles que desexen participar nalgúns adestramentos de proba, poden facelo de xeito gratuíto dende o próximo Venres día 1 de Outubro ata o día 20 de Outubro. A partir do día 20 de Outubro só poderán participar nos adestramentos os deportistas inscritos na Escola Deportiva Municipal de Loita.
Para inscribirse na EDM de Loita podes facelo nas oficinas do concello en horario de mañá. Podes obter máis información nas instalacións do club no auditorio nos horarios de adestramento ou cun e-mail a loitaolimpicavilalba@yahoo.es
NOVO PANFLETO INFORMATIVO DA EDM DE LOITA:

NOVOS HORARIOS DE ADESTRAMENTO PARA O 2010/11

A partir do próximo día 1 de Outubro comezarán os adestramentos da nova tempada segundo os seguintes horarios (preme na táboa para agrandar):

domingo, 26 de setembro de 2010

Bonito reportaxe sobre Jose Luis Puentes en La Voz de Galicia

O día 22 de Setembro saíu publicado en La Voz de Galicia unha bonita reportaxe sobre o traballo de Jose Luís Puentes e a súa participación no próximo mundial universitario de Turín no mes de Outubro.
O noso agradecemento e felicitacións para este xornal que sempre nos apoia na difusión do noso traballo e en especial ao xornalista Marcos Pichel que sempre nos retrata do mellor xeito.
MIL GRAZAS.

venres, 17 de setembro de 2010

COMEZAN AS UNIDADES DIDÁCTICAS DE LOITAS OLÍMPICAS NOS CENTROS DE PRIMARIA DA TERRA CHÁ

O Club de Loitas Olímpicas Vilalba a través do convenio asinado coa Area de Deporte da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, está levando a cabo as unidades didácticas de loitas olímpicas nas clases de Educación Física de varios centros educativos da comarca. Durante unha semana os estudantes de cada centro terán a oportunidade de coñecer e practicar este deporte dentro do horario lectivo.
Esta semana estanse a desenrolar nos centros educativos de Cospeito, Baamonde e Vilalba, e a semana que ven estaremos noutros centros educativos de Vilalba, Rábade e Lugo.
Esta iniciativa busca promocionar as loitas olímpicas axudando a potenciar as escolas deportivas existentes ou poñendo a base para a creación doutras novas. Para elo o club tivo que contratar os servizos da Federación Galega de Loita e os seus técnicos, pois estanse  a facer 3 centros educativos de xeito simultáneo sobrepasando a capacidade material e de persoal do club.