sábado, 24 de abril de 2010

4º POSTO POR EQUIPOS PARA OS VILALBESES NO XX TORNEO NACIONAL DO KUZUSHI

O Club de Loita Vilalba rematou na 4º posición por clubs no XX torneo nacional Kuzushi organizado polo histórico club vigués e que tivo lugar este sábado 24 no Pavillón de Lavadores sito no barrio olívico do Calvario.

O noso club estivo representado por 5 deportistas da categoría Benxamín (de 8 a 11 anos) e 2 deportistas cadetes (de 14 a 16 anos).
Todos os nosos deportistas tiveron unha destacada actuación recoñecida pola súa actitude, bo facer e habilidade deportiva, e así o estimaron os xuíces do evento que concederon o trofeo ao mellor loitador ao noso deportista Staminir Emilov.
Os resultados dos nosos deportistas foron os seguintes:
• Benxamíns:
o Staminir Emilov Ouro en menos de 26 kg e trofeo ao mellor loitador do torneo.
o Andrés Villares Ouro en menos de 33 kg.
o Brais Alves Bronce en menos de 33 kg.
o Marcos Villares Prata en menos de 37 kg.
o Borja Rey Ouro en menos de 50 kg.
• Cadete:
o Emil Emilov Prata en menos de 63 kg.
o Kadrín Emilov Ouro en menos de 63 kg.
José Cuba foi o adestrador que acompañou aos nosos deportistas e quen os guiou no transcorrer dos enfrontamentos.
Os nosos deportistas tamén foron convidados ao XXVI Torneo Internacional San Ignacio que terá lugar en Vigo o próximo 8 de Maio e aínda que non está claro que o noso club acuda á cita son moitos os loitadores vilalbeses que se amosan ilusionados por participar no evento.



luns, 19 de abril de 2010

2ª XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR

O Club de Loitas Olímpicas Vilalba participou este sábado 17 na 2ª xornada da competición deportiva en idade escolar organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte e que tivo lugar en Melide.
O club vilalbés rematou en 3ª posición con 145 puntos por detrás do club local, Escola Ayude con 230 puntos e o vigués Kuzushi con 168 puntos. Hai que destacar a participación do Club de Loita Rábade que rematou no 6º posto con 112 puntos.
Nesta xornada participaron centos de nenos das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.
O noso equipo foi o seguinte:
• Fermín Sanz Cendán
• Raul Sanz Cendán
• Angel Garía Yañez
• Alejandro Gauthier Sampayo
• Ruán Victor Pinheiro Carballo Sena
• Staminir Emilov Ivanov
• Andrés Villares Vázquez
• Brais Arias Apenela
• Marcos Villares Vázquez
• Borja Rey Dopico
• Angel Álvarez Rey
• Laura Villares Vázquez
• Gabriela Shaene Pinheiro de Oliveira
Na clasificación xeral Vilalba segue en segundo lugar con 318 puntos, 98 menos que o primeiro clasificado Escola Ayude de Melide.
Na xornada final que terá lugar en Compostela o próximo 22 de Maio participarán clubes das 4 provincias con Vilalba e Rábade como representantes de Lugo.

domingo, 21 de marzo de 2010

Jose Cuba e Nicolás Castro no vídeo promocional do deporte galego

A Secretaría Xeral para o Deporte inclúe aos loitadores vilalbeses Nicolás Castro e José Cuba no vídeo promocional do deporte galego para incentivar o patrocinio dos nosos deportistas.
Se desexas ollar os vídeos podes facelo na páxina web da Secretaría Xeral para o deporte www.deportegalego.es
Tamén podes ollalos copiando os seguintes enlaces e pegándoos na barra de tarefas do explorador
VIDEO CURTO:
http://deportegalego.es/popcExtrasFlash.php?url=http://deportegalego.es/videos/SpotDeporteDavidCal.flv
VIDEO LONGO:
http://deportegalego.es/popcExtrasFlash.php?url=http://deportegalego.es/videos/deporte_540x300.flv
Esperemos que algún patrocinador se anime a axudar aos nosos deportistas. Boa sorte.

CUBA 2º NO TORNEO INTERNACIONAL NIKOLAKION DE CHIPRE

O vilalbés José Cuba rematou hoxe a súa participación no Internacional Nikolakion de Chipre cunha merecida prata tras caer na final co representante grego Arzoumanidis. O vilalbés chegou a final tras vencer ao chipriota Theocharous Theocharis.
O balear Francisco Sánchez acadou o ouro na categoría de menos de 55 kg e o seu irmán Agustín o bronce en menos de 60kg, así a selección española rematou a súa participación en Chipre con 3 medallas.
Todos os deportistas da selección entre os que se inclúe Cuba, viaxarán hoxe a Hungría onde participarán nunha concentración preparatoria para o Campionato de Europa que terá lugar a mediados de Abril en Acerbaijan.

luns, 8 de marzo de 2010

O SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE HOMENAXEA AO VILALBÉS NICOLÁS CASTRO

José Ramón Lete homenaxeou a Nicolás Castro pola súa retirada "por seres un exemplo para os demais" tal e como afirmou o propio secretario xeral na recepción á selección galega que tivo lugar no CGTD de Pontevedra.

José Ramón Lete Lasa destacou o nivel e a traxectoria mantida nas últimas décadas pola loita galega que é unha referencia nacional como demostrou no último Campionato de España, no que logrou o título por autonomías.

No Campionato de España de loitas olímpicas na categoría de loita libre disputado en Barcelona a selección galega obtivo un bo botín de medallas e trofeos, encabezando os resultados José Cuba Vázquez do Club de Loita Vilalba, medalla de ouro na categoría de 120 kg. Eliseo Permuy Soto, do club de loita Keltoi de Vila de Cruces, acadou o segundo posto na categoría de 60 kg, e as medallas de bronce corresponderon a Miguel Caramés Vila, na categoría de 55 kg, e Luis Miguel Garnil Rielo en menos de 74 kg, ambos do club de loita Keltoi de Vila de Cruces e Jose Luis Puentes Seoane do club de loita Vilalba, na categoría de menos de 84kg. Destacar o séptimo posto que acadou a Federación Galega no Campionato por Autonomías.

Por outra banda destacar a medalla de prata acadada por Ramón García Sueiro do club Keltoi de Vila de Cruces, na categoría de Loita Grecorromana en menos de 84 kg.

A recepción tamén serviu como homenaxe a Nicolás Castro, actual director técnico da Federación, e que anunciou en Barcelona a súa retirada logo dunha traxectoria de máis de década e media na elite.

“No momento da retirada quero destacar os valores de Nicolás Castro que reflicte perfectamente o que ten que ser un deportista”, manifestou José Ramón Lete antes de entregarlle un recordo porque “é un exemplo de deportistas feito no Centro de Tecnificación. Non soamente foi o seu referente deportivo. Senón o seu líder na maior expresión da palabra. Ten un currículo excelente. É posible que gañou máis cousas das que pensaba cando empezaba neste deporte, pero sobre todo gañouse o respecto dos demais polo seu xeito de ser, pola súa superación, pola súa actitude como deportista”.

Nicolás tamén será homenaxeado polos seus compañeiros do Club de Loita Vilalba.


Fuente: www.deportegalego.es