luns, 31 de agosto de 2015
domingo, 16 de agosto de 2015
CAMPIONATO DO MUNDO JUNIOR BRASIL 2015
Estase a disputar en Salvador o mundial de loitas olímpicas das nosas xóvenes promesas júniors.
SECUENCIAS DE LOITA GRECORROMANA
SECUENCIAS DE LOITA FEMININA (As mulleres máis duras do planeta):
SECUENCIAS DE LOITA GRECORROMANA
mércores, 29 de xullo de 2015
JOSE CUBA REMATA 7º EN POLONIA
O vilalbés ven de participar no XXIV Memorial Waclawa Ziólkowskiego que se celebrou en Varsovia a pasada fin de semana e no cal tomou parte xunto ao resto da selección española.
Cuba que gañou o primeiro enfrontamento contra o polaco Kosciolek, perdeu na segunda rolda ante o ruso Kushkhov por superioridade técnica non podendo repescar na loita polo bronce ao caer ruso ante o georgiano e á postre gañador Petriashvili.
Cuba acadou así un 7º posto no derradeiro torneo antes do próximo mundial de Las Vegas do mes de setembro.

xoves, 16 de xullo de 2015
CONCENTRACIÓN ABSOLUTA NA CAR DO CSD DE MADRID
José Cuba continúa concentrado coa selección española nas instalacións do CSD de Madrid coa intención de preparar varias citas internacionais antes do mundial absoluto de Las Vegas a primeiros de setembro. En Madrid, Cuba atópase acompañado doutro vilalbés. Nicolás Castro como membro do corpo técnico da selección española atópase na capital do estado axudando na preparación de José así como do resto dos deportistas concentrados.
Na concentración tamén participan os deportistas doutras seleccións como a de China ou Canadá, constituíndo unha grande oportunidade para os nosos deportistas.
Na concentración tamén participan os deportistas doutras seleccións como a de China ou Canadá, constituíndo unha grande oportunidade para os nosos deportistas.
CONCENTRACIÓN CADETE EN CABEZA DE MANZANEDA
Os vilalbeses Roberto Díaz Orosa e Carlos García Yobanni foron seleccionados para a concentración preparatoria dos Campionatos de Europa Cadete de Loitas Olímpicas. Os vilalbeses viaxaron a Cabeza de Manzaneda para axudar á preparación de Omar Rodríguez (Sabarís de Baiona) e Carmen Salgado (Pontevedra) de cara a súa participación no europeo cadete que se celebrará na cidade Serbia de Subótica.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)