luns, 25 de agosto de 2014

VIDEO PROMOCIONAL DA PREPARACIÓN DE CUBA PARA O MUNDIAL DE TASHKEN 2014


JOSE CUBA PREPARA EN BULGARIA A SÚA PARTICIPACIÓN NO MUNDIAL DE UZBEKISTÁN

Tras dous anos de parón competitivo ao máis alto nivel, José Cuba voltará ao top do circuito internacional na capita uzbeca de Tashkent o próximo més de setembro.
Despois da eliminación nos preolímpicos para Londres 2012 na derradeira xornada en tras un mal combate o vilalbés decidiu tomarse un periodo de dous anos para replantexar o seu futuro profesional e deportivo. Agora coa oposición de policia nacional aprobada e consciente de que o deporte pasa a ser un aspecto secundario na súa nova vida profesional e familiar, tentará de novo clasificarse para os próximos Xogos de Río 2016.
Con novas dificultades como compaxinar  a súa formación na academia policial e os adestramentos,  o vilalés retoma o periodo competitivo coa ilusión dun principiante e tranquilidade de non vivir na incertidume que provoca a inexistencia dun sistema deportivo.
Este ano alzouse cos títulos e Campión de España e da Copa de España xunto co seu compañeiro Catriel Pehuén que fixo o mesmo en Grecorromana, tamén logrou o bronce no Grande Premio de España o que lle valeu a convocatoria coa selección estatal para o mundial de Tashkén no mes de setembro.
Xunto co tamén vilalbés Nicolás Castro, membro do equipo técnico da selección estatal, atópase adestrando en Bulgaria de onde regresará esta semana para ultimar a súa posta en forma no clube vilalbés.
Desexámoslle toda a sorte do mundo porque  a merece.

domingo, 6 de xullo de 2014

NICOLÁS LÓPEZ GAÑA O GRAN PREMIO DE ESPAÑA

 O lucense Nicolás López (Club de Loitas Lugo) deu a sorpresa ao vencer no Gran Premio de España na categoría menos de 130 kg grecorromana, pecha así unha boa tempada tras gañar o campionato de España Junior e o segundo posto no sénior, sen dúbida un bo traballo desta nova promesa e o seu adestrador Pablo Pintos. A capital do estado acolleu este torneo internacional de primeiro nivel que concentrou a loitadores de máis de 10 nacionalidades distintas e no que se desputaron as modalidades de Loita Libre, Loita Grecorromana e Loita Feminina e na que tamén temos que destacar o bronce acadado polo vilalbés José Cuba que asinou así a seu primeiro metal nun internacional tras dous anos de parón deportivo.
O vilalbés venceu no primeiro enfrontamento ao polaco Kosciolek con bastante superioridade, a falla de rodaxe internacional notouse no segundo enfrontamento no que o tunecino Trabelsi impuxo a súa superioridade. Xa na repesca, o vilalbés gañou o bronce ante o británico Chinu por tocado de espaldas.
O próximo torneo internacional para Cuba será en Polonia a principios de agosto, de alí sairán os representantes españois para o próximo mundial sénior de Uzbekistán.
De momento os lucenses Cuba e López permanecerán concentrados no centro de alto rendemento do CSD de Madrid durante a próxima semana onde adestrarán con algúns dos deportistas estranxeiros que participaron no Gran Premio.
Noraboa a todos e ánimo para seguir a mellorar!!

domingo, 15 de xuño de 2014

JOSE CUBA E CATRIEL PEHUÉN OUROS NA COPA DE ESPAÑA


A selección galega ven de asinar un magnífico papel na Copa de España de loitas olímpicas que se celebrou onte no pavillón de deportes do CSD en Madrid con 2 ouros, 3 platas e 2 bronces, o que lle valeu o 2º posto por equipos..
Pra nós é un orgullo que o noso clube voltase a ser decisivo no resultado do combinado galego, e é que as máximas categorías de libre olímpica e grecorromana estiveron dominada polos loitadores do club vilalbés.
José Cuba alzouse co ouro na modalidade de libre olímpica menos de 125 kg e Catriel Pehuén fixo o mesmo na modalidade de grecorromana. Os dous compañeiros de adestramento non deixaron dúbidas
da súa superioridade na categoría dominando a todos os seus rivais, entre eles atopábase Nicolás López (Club Lugo) que caeu na final de grecorromana dos pesos
pesados ante o seu compañeiro do club vilalbés.
Queremos felicitar dun xeito moi especial tanto a Cuba como a Catriel sen menospreciar o traballo do resto de participantes, pois este resultado parécenos moi meritorio. No caso de Cuba polo esforzo que lle supuxo este ano de adestramentos, e no caso de Catriel pola progresión que amosou este magnífico deportistas nos últimos tempos e que, no caso de arranxar a súa nacionalización, estamos seguros de que será a próxima referencia estatal dos pesos pesados na modalidade de grecorromana.
Vilalba contou con outro loitador en Madrid, Pablo Chao participou na modalidade de grecorromana en menos de 75 kg, categoría moi reñida na que chegou á loita polo bronce.
Queremos destacar tamén as pratas de Sara Viéitez (San Ignacio) e Damian Iglesias (Touro) e os bronces de Pablo García (deportista do Club Pontevedra do tamén vilalbés Marcos Miragaya) e Bruno Agra (Ayude).
Noraboa a todos!!!1

ARDE LUCUS

Varios deportistas dos clubs lucenses participaron na demostración de xogos romanos que se celebraron nos arredores do parque Rosalía de Lugo durante a xornada de inauguración do Arde Lucus. Os nosos deportistas fixeron unha pequena demostración das habilidades de loita, un deporte que vense practicando casi que invariablemente dende tempor inmemoriais. Precísamente na antiga Roma era non so un deporte fundamental na preparación dos xóvenes nobles e o exército, senón que o propio Augusto deulle un forte impulso como o deporte do pobo nos seus Xogos Atléticos. A importancia da loita na antiga civilización romana ven recollida en moitas das obras que chegaron aos nosos días, aínda que co tempo pasou a un segundo lugar pola afición que os romanos colleron aos espectáculos do circo.
Este deporte xa se practica polas nosas terras por aqueles tempos tal e como recollía Estrabón na súa xeografía, destacando que nos pobos do norte da península eran moi populares as loitas atléticas.
As loitas olímpicas son a universalización dos centos de estilos de loitas tradicionais que existen no planeta, todos os pobos precisaban recoñecer ao máis valeroso e habilidoso de entre os seus veciños e isto o facían loitando. Na nosa terra ao igual que noutras sociedades de consumo, perdeuse o interés por deportes como a loita, o atletismo ou a ximnasia, o esforzo heróico, o sacrificio e o valor non son activos nun mercado no que predomina a estética do espectáculo.
As actividades como as do Arde Lucus sirven pra lembrarlle aos nosos rapaces que os galegos no seu día tivemos os nosos deportes, entre os que se atopaba a loita nunha posición destacada.