luns, 4 de xuño de 2012

VILALBA REMATA 6ª NA LIGA DE DEPORTE DE BASE

Esta fin de semana disputouse en Compostela a fase final da Liga Galega de Base de Loitas Olímpicas. Vilalba que disputaba a final entre os 6 mellores clubs galegos, tivo que conformarse co 6º posto ao contar co equipo menos numeroso da final A, aínda así temos que resaltar o progreso e o nivel amosado polos nosos deportistas que cada día parecen desfrutar máis deste deporte e destas competicións por equipos.
Os outros clubs lucenses foron o Lugo e  o Rábade que obtiveron uns meritorios 13º e 10º posto ao contar con equipos moi reducidos en relación aos seus opoñentes.
Con esta actividade clausúranse os adestramentos das Escolas Deportivas de Loitas Olímpicas que se reanudarán o próximo mes de Outubro.
VER MÁIS FOTOS

DEPORTISTAS DGAN

Publícanse as bases para a concesión das axudas para os deportistas galegos de alto nivel da Secretaría Xeral para o Deporte. Tamén se abre o prazo para solicitar a consideración de DGAN. Os interesados poden ir ao enlace da páxina da Secretaría Xeral para o Deporte premendo AQUÍ

A DEPUTACIÓN PROVINCIAL CONVOCA AXUDAS PARA DEPORTISTAS DA PROVINCIA

A área de Benestar Social, Deporte, Igualdade e Mocidade da Deputación de Lugo convoca as axudas para deportistas individuais  da provincia de Lugo. Son moitos os loitadores vilalbeses que cumpren os requisitos para seren beneficiarios destas axudas que sen dúbida contribuirán a facilitar e mellorar o seu acesoa á práctica deste deporte.
Podedes obter toda a información no seguinte enlace.PÁXINA DA DEPUTACIÓN

luns, 7 de maio de 2012

VILALBA NON TERÁ UN DEPORTISTA NOS XOGOS DE LONDRES 2012

Tras pasar a primeira eliminatoria con facilidade os soños de Cuba de estar nos Xogos de Londres 2012 esfumáronse no combate ante un descoñecido Digovich. Todo parecía estar a favor do vilalbés que comezou dominando no que semellaba un combate doado, pero houbo algo que lle deu a volta á situación favorecendo ao sudafricano e levándoo a unha victoria que se lle presentaba pouco probable ao inicio do enfrontamento.
Tentaremos agora estudar que foi ese algo, ese factor que fixo que o noso deportista, que críamos preparado, non soubese ou poidese chegar a onde debería e merecía que non é outro sitio que os Xogos Olímpicos.
Levo visto o combate unhas 20 veces e en cada unha delas só vexo traballo que non fxemos e cousas que como adestrador non souben prever. Centreime tanto nos adversarios a superar que esquencinme daqueles que crin non revestían perigo para o noso deportista, e isto foi unha equivocación que se materializou en erros infantís sobre o tapiz, erros que lle regalaron o combate a un adversario descoñecido e deixaron a Cuba fora da competición para a que levaba traballando tanto tempo.
Dende logo un combate pra non esquecer e que seguirei vendo ata que teña unha resposta.  Polo de agora só me queda valorar o meu papel nesta entidade e estudar un proxecto de futuro que probáblemente inclúa a novas persoas cunha visión renovada.
IVAN CASTRO

venres, 4 de maio de 2012

CUBA TERÁ MAÑÁ A DERRADEIRA OPORTUNIDADE DE GAÑAR A PRAZA PARA OS XOGOS OLÍMPICOS

José Cuba terá mañá a derradeira oportunidade de clasificarse para os Xogos Olímpicos de Londres 2012 nunha competición de altísima tensión pola necesidade de todos os participantes de chegar á final se non queren quedar fora do soño olímpico.
Hoxe coñeceremos o emparellamento que revelará aos posibles contrincantes que o vilalbés terá que superar para acadar o obxectivo polo que tanto tempo leva traballado.
BOA SORTE COMPAÑEIRO!.