mércores, 21 de xullo de 2010

AGORA PODEDES DESFRUTAR DO GRAN PREMIO DE ESPAÑA EN TELEVEO

Os afecionados a este deporte poderedes desfrutar da actuación dos nosos deportistas no Gran Premio de España que tivo lugar a mediados de Xullo en Madrid e no que o combinado do estado acadou unha prata e sete bronces, un deles do galego Jose Cuba.

Preme aquí para acceder a Televeo

martes, 20 de xullo de 2010

JOSE CUBA REMATA O FINAL GOLDEN GRAND PRIX EN 9º POSTO

Jose Cuba rematou nun meritorio 9º posto o Final Golden Grand Prix de Baku tras vencer en primeira rolda ao kirguiko Lazarev, loitador que xa vencera ao noso no Gran Premio de España do 2009. A loita polas preseas do vilalbés foille negada polo representante iraní Azarshakib que a súa vez caeu en semifinais ante o norteamericano Dlagnev deixando ao noso fora da repesca polo bronce.
A categoría estivo dominada polo actual subcampión de Europa, o turco Kakiroglu, unha das principais figuras a ter en conta para Londres 2012.
Este é o primeiro internacional do ano no que Cuba non sube ao podio, e a persares do 9º posto, este campionato foi moi revelador en canto ao estado de forma do vilalbés de cara ao próximo mundial de Moscú, alá polo mes de Setembro.
Esta semana Cuba aproveitará para correxir erros técnicos no seu club en Vilalba, a próxima semana concentrase en Polonia ata o 9 de Agosto data en que viaxará a unha nova concentración en Acerbaián onde convivirá co equipo do país ate a súa viaxe a Moscú.
O programa de preparación do vilalbés de cara á clasificación olímpica do 2012 é moi esixente, podéndose levar a cabo grazas á colaboración da Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo que suscribiu un convenio co club vilalbés para este e outros fins.

No seguinte enlace podedes obter toda a información sobre o campionato e a actuación do noso deportista:
Páxina oficial do Bakú 2010 Final Golden Grand Prix

luns, 12 de xullo de 2010

FEIRA MEDIEVAL DE VILALBA


Este fin de semana poidemos disfrutar da nosa feira medieval, unha iniciativa cultural e festeira que cada ano está a colleitar máis éxitos tanto na participación cidadá como na propia organicación do evento.
Este ano tivemos a oportunidade de poder colaborar coa nosa actividade, a loita. Tentamos representar, coa pouca información da que dispoñiamos, como sería o noso deporte aló pola idade media. Hai que recordar que a loita ven recollida en varios manuais medievais como unha das disciplinas que formaban parte das xustas e torneos de cabaleiros, e que en moitas partes do estado popularizouse de tal xeito entre o pobo que chegou a ser a manifestación deportiva máis importante da época. Disputándose nas festividades ou en relación coas distintas actividades agrarias como a recollida do liño e a participación era libre e voluntaria de entre todos os veciños, atendendo únicamente aos retos.
En moitas partes do estado estas manifestacións deportivas chegaron ata os nosos días en forma das loitas tradicionais como é o caso da Loita Canaria ou a Loita Leonesa, deportes moi arraigados nas súas sociedades e sempre presentes na súa cultura. Esto sucedeu así case invariablemente en todos os países do mundo, Turkía, Rusia, Senegal, Irán, Korea,....e todas estas loitas universalízanse e conflúen na loita olímpica que hoxe coñecemos, facendo deste deporte uns dos máis practicados a nivel mundial.
O caso é que en Galicia tamén tiñamos loita propia, así o recollen diferentes estudos de investigación que se están a levar a cabo na nosa terra. Ao parecer a Tumba é o xeito en que nalgúns lugares de Galicia chamaban á nosa forma de loitar, e esa actividade é a que tentamos reproducir nesta edición da feira medieval.
De todos os xeitos é gratificante para nós saber que os galegos tamén tiñamos un espíritu guerreiro ao que dábamos renda solta os días máis sinalados.

domingo, 11 de xullo de 2010

BRONCE PARA CUBA NO GRAN PREMIO DE ESPAÑA

O Vilalbés Jose Cuba tivo que conformarse coa presea de bronce ao remate do torneo internacional español. O vilalbés afirma que non foi a súa mellor competición e non atoparse o suficientemente activo á hora dos enfrontamentos.
A súa categoría disputouse co sistema nórdico de todos contra todos, e de entre os 5 loitadores da categoría Cuba só se impuxo ao representante de Nova Zelanda.
Ao final o representante de Kazajstan foi o vencedor da categoría seguido do loitador da India. Os broces foron para o loitador vilalbés e un coñecido seu, o húngaro Daniel Igalli.
Este mércores Cuba viaxa a Azerbaiján para disputar o Final Golden Grand Prix, unha das competicións máis duras que existen e a que só viaxan uns poucos elexidos. Esperamos que Cuba teña un mellor día e nos amose o seu verdadeiro estado de forma.
Sorte.

SERGEI PRIADUN REMATA EN 10º POSTO O CAMPIONATO NACIONAL DE UKRANIA

Este 8 de Xullo rematou o campionato nacional de Ukrania onde poidemos comprobar a dura competencia entre os loitadores por chegar ao mundial de Moscú o próximo Setembro. Tal é o caso que Sergei Priadun, dúas veces subcampión de Europa e catro veces campión de Ukrania, que rematou en 10º posto tras caer en segunda rolda ante Oleg Ivanov, loitador que tampouco chegou á final deixando ao noso amigo Priadun sen opción de repesca.
O vencedor desta categoría foi o fortísimo Vadín Tasoev que se impuxo na final a Muzaie Biacheslaie.
Ukrania terá un superequipo para o próximo mundial, xunto con Tasoev viaxarán Valery Andrytsev en menos de 96 kg, o grandísimo Ibrahim Aldatov en menos de 84 kg, Sirotin Baladimir en menos de 74 kg, Melmuk Olecsin en menos de 66 kg, Yuri Balanduk en menos de 60 kg e Mukorle en menos de 55 kg.