Esta semana atópanse adestrando en Vilalba parte da selección nacional Sub23 de Panamá e a actual sensación da loita americana, o arxentino Agustín Destribats.
A Vilalba xa teñen vido a adestrar con Josè Cuba figuras da loita mundial, como o cubano campión mundial e bronce olímpico Alexis Rodríguez, o campión da Copa do Mundo Sergey Priadun ou varios rusos da rexión de Osetia, pero agora o noso club està no punto de mira dos principais equipos americanos que queren complementar a súa formación en Daguestán (Rusia).
Da man de Catriel Pehuèn, afincado en Vilalba e que ten unha empresa de turismo de Alto Rendemento Deportivo que organiza concentracións deportivas na meca da loita mundial (Daguestán), os equipos nacionais do continente americano ven en Vilalba unha boa alternativa para facer escalas tècnicas nas que facer probas de valoración física ou correccións tècnico-tácticas antes de viaxar a terras rusas ou a competicións internacionais en Europa.
A declaración de NADE pola Secretaría Xeral para o Deporte facilita os medios persoais e tècnicos para atender deportistas de Alto Rendemento dun xeito máis individualizado o que facilita que equipos americanos queran aproveitar para testearse ou facer sesións tècnicas. Esto beneficia directamente aos e ás nosas deportistas que teñen a oportunidade de adestrar e loitar con deportistas de nivel internacional, algo que ate agora so estaba ao alcance dos centros oficiais de alto rendemento e tecnificación deportiva ou os clubs con máis medios.
Nesta ocasión os nosos e as nosas deportistas puideron adestrar coa panameña Yusneiry Agrazal, 3 veces medallista dos Panamericanos, a súa compañeira Jeanice Mejía, bronce dos Xogos Bolivarianos, e os tamèn panameños Royglem Temple, bronce nos panamericanos e Wilfrido Samaniego 4º posto nos Panamericanos. A expedición, dirixida por Catriel, a pecha o arxentino Agustín Destribats, bronce mundial, Campión Panamericano e Olímpico en Tokio 2024.
Equipos do outro lado do Atlántico e tamèn algúns tècnicos rusos xa amosaron interese por vir adestrar a Vilalba polo que a mellora da instalación de adestramento acorde ás necesidades dun NADE serà un obxectivo prioritario no futuro inmediato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario