Na categoría U15 deslumbrou o pleno de ouros acadado polas nosas deportistas, Sara Martínez, Alejandra Valle, Noela González Carreira e Jimena García subiron ao máis alto do podio dominando as súas categorías. Na mesma categoría Enrique Seoane tamén obtivo o Ouro mentres que Héctor Somoza fíxose coa prata despois dunha axustada final e Aldán Balbona acadou o 4º posto no seu primeiro Campionato Galego. Nesta categoría o club obtivo a segunda praza por equipos por detrás do Keltoi de Vila de Cruces.
Na categoría U20 Kevin Cuba domiñou en 97 kg facéndose co ouro mentres que Xiao Seoane obtivo o cuarto posto en menos de 74 kg.
Varias destas deportistas quedan así clasificadas para os Campionatos de España U15 que terá lugar a finais de marzo en Cartajena.
A próxima actividade será o Campionato Galego U13 e U17 en Pontevedra e no que repetirán varias destas deportistas xunto a outras e outros compañeiros do club.