Este sábado acudimos á esperada cita na honra ao que foi a figura máis importante da loita galega nas últimas décadas.
O noso club, como non podía ser doutro xeito, estivo presente con algúns dos nosos deportistas. Kevin Cuba acadou o ouro en cadete menos de 92 kg, mentres que Ramón Monasterio tamén subiu ao máis alto do podio ao domiñar a categoría sénior en menos de 97 kg. Para Ramón a competición supuxo retomar a competición despois de varias tempadas de parón.
Á cita tamén acudiu Jairo Mosteiro que se estreaba competindo en cadete menos de 60 kg e que non puido pasar da primeira rolda.
Alexander Katchelaev foi seleccionador da URSS na época en que este equipo consolidouse como a primeira potencia mundial en loita. Ademais de ser adestrador de varios campións olímpicos e mundiais foi xefe do equipo da URSS traballando con varios dos técnicos que hoxe domiñan a loita no planeta. Chegou a Galicia no ano 1991 para facerse cargo do equipo de loita do CGTD de Pontevedra e despois de case 40 anos de traballo foi o formador de moitos dos que nos puxemos baixo a súa batuta sendo aínda nenos. Sasha, como lle chamábamos, abriunos portas en lugares que naquela época semellaban lonxanos para occidente e percorrimos parte do Mundo adestrando cos mellores loitadores do momento.
Para o noso club esta cita será unha data importante no calendario como mostra de respeto á persoa que tanto nos aportou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario