Esta é unha boa nova para Jose, que ven de recuperarse dunha rotura dun dedo que o deixou sin participar no pasado Campionato de Europa.
O noso club tamén contou coa presenza de Catriel Pehuén que loitou representándonos nos pesos pesados pero na modalidade de grecorromana e que acadou unha valiosa prata para a nosa escola. Catriel fixo un gran esforzo para estar en San Javier pois ven de gañar o bronce nos Campionatos Panamericanos e representado a Arxentina, o seu país natal. O arxentino tivo a xenerosidade de desprazarse a Murcia dende Arxentina sen apanas descansar e loitando na modalidade de grecorromana, modalidade da que non é especialista, o que lle da un maior mérito a súa prata.
Agora os dous deportistas seguirán coa súa preparación en Vilalba coa vista posta no Gran Premio de España e despois o Mundial como primeira cita clasificatoria para os Xogos de París 2024.
Ningún comentario:
Publicar un comentario