Na categoría Alevín tivemos a Bruno Pintos, Aldán Balbona e Hèctor Somoza en menos de 45 kg na que Hèctor acadou o bronce e a Enrique Seoane en menos de 60 kg, onde tamèn se fixo co bronce. Na categoría escolar tivemos a Boris Reshetniak que tamèn acadou o bronce en menos de 57 kg. A participación dos nosos deportistas foi moi meritoria ao loitar todos eles nunha categoría de idade superior á súa, e a pesares de que a diferenza de idade foi evidente, todos eles fixeron unha gran actuación, incluso subiron ao podio.
Ao equipo vilalbès o acompañou Arkadi Ilemetov, recoñecido e condecorado adestrador ucraniano que chegou a Vilalba coa súa familia como refuxiados da guerra e que se atopa colaborando coa escola vilalbesa. Ilemetov ten 30 anos de experiencia como adestrador profesional en Ucrania e ademáis de contar con varias deportistas medallistas europeas foi campión do Mundo de Veteranos no 2019.
Ningún comentario:
Publicar un comentario