Os premios e as atencións polo teu traballo
sempre son reconfortantes e en certo modo son unha inxección de adrenalina para
seguir no camiño, pero cremos que non pode haber maior recoñecemento que o
feito polos teus compañeiros. Este sábado Iván Castro en representación do clube,
recolleu o galardón dos premios Deporte Solidario 2013 no que a nosa entidade
resultou finalista polo seu proxecto de promoción das loitas olímpicas e a
creación de novas escolas deportivas na comarca.
Os premios están organizados polo Colexio
Oficial de Licenciados de Educación Física (COLEF) e foron entregados na gala
do 30 aniversario da entidade na localidade coruñesa de Riveira. Esta
iniciativa busca apoiar aquelas accións solidarias vinculadas durante o 2013
coa educación física e o deporte e que conten con un ou varios licenciados en
educación física.
De todos os proxectos, os premiados foron:
·
II Open de Wushu de Oleiros.
·
Taekwondo para a igualdade.
·
El Deporte como instrumento de
reinserción social.
n NORABOA A TODOS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario