Esta fin de semana tivo lugar no Pavillón Municipal de Lugo a Xornada Norte de Deporte de Base de loitas olímpicas na que se enfrontaron os 8 clubs do sector que aspiraban a clasificarse para a final do 18 de Maio en Vila de Cruces.
A nosa provincia estivo representada polos equipos de Rábade, Lugo e Vilalba, sendo este último o único que se clasificou para a final A de Vila de Cruces.
Nos equipos de Rábade e Lugo pesou moito a ausencia no último momento de varios dos seus deportistas rematando no 5º e 6º posto respectivamente a pasares da súa boa actuación.
A escola vilalbesa está formada por deportistas de Xermade, Cospeito, Guitiriz ademais da propia capital chairega, e aínda que acudiu á cita con bastantes ausencias rematou nun 3º posto que lle vale o pase para a final de Maio onde se medirá cos 6 mellores clubs galegos.
O equipo de Vilalba estivo formado polos seguintes deportistas:

- Antonio Pena Castelo (Vilalba).
- Samuel García Mirgaya (Vilalba).
- Gabriel Blanco Vivero (Xermade)
- Fermín Sanz Cendán (Vilalba).
- Noé Díaz Paz (Xermada).
- Martín Pena Lama (Vilalba).
- Raul Sánz Cendán (Vilalba).
- José Barrio Vilasuso (Vilalba).
- Antonio Casal Peleteiro (Xermade).
- Brais Arias Apenela (Vilalba).
- Alejandro Gauthier Sampayo (Vilalba)
- Angel García Yañez (Vilalba).
- Sergio Sardiña Corral (Xermade).
Ningún comentario:
Publicar un comentario