Este sábado disputáronse na capital galega os campionatos galegos de loitas olímpicas das categorías escolar (ata 14 anos) e Júnior (ata 19 anos). Case todos os loitadores que representaron á nosa provincia a través dos diferentes clubs foron capaces de subir ao podio obtendo as correspondentes medallas.
Vilalba dos tres loitadores que participaron acadou tres ouros e dúas pratas, un ouro de Roberto Díaz Orosa na categoría de escolar en menos de 38 kg e dous ouros de Catriel Pehuén en menos de 120 kg, un en grecorromana e outro en Libre Olímpica vencendo nas finais ao actual campión de España da categoría, o lucense Nicolás López. As pratas pra Vilalba as trouxo Ramón Monasterio que subiu ao podio en menos de 84 kg en ambas modalidades, temos que recoñecer o progreso desta promesa vilalbesa, pois sendo aínda cadete de primeiro ano disputou ambas finais ante o actual campión de España.
Ademais de Nicolás López (Club de Loita Lugo) que acadou senda pratas en libre olímpica e grecorromana, temos que mencionar o meritorio papel desempeñado polos nosos compañeiros de Rábade que trouxeron para a nosa provincia tres medallas máis na categoría de Escolar. Un ouro de Angel Campo en menos de 85 kg, e as pratas de Jonathan Pernas en menos de 66 kg e Cristian Pena en menos de 53 kg. O mérito é maior pois todos eles ao igual que o vilalbés Roberto Díaz son escolares de primeiro ano agás Xico Fernández, que sendo aínda alevín completou a participación rabadense acadando o quinto posto en menos de 53 kg.
Deste xeito a nosa provincia contará con varios representates na selección galega que disputará os próximos campionatos de España que se celebrarán en Albolote (Granada) o próximo mes de Marzo.
VER FOTOS

Ningún comentario:
Publicar un comentario