Esta fin de semana participamos na terceira edición do memorial Alexander Kachalaev que se celebrou o sábado en Sanxenxo.
Ate a cidade pontevedresa viaxamos ao toreno internacional cunha pequena representación da nosa escola das categorías U15 e Sénior.
En U15 Sara Martínez e Héctor Somoza acadaron sendos ouros nas súas categorías o que nos levou ao terceiro postos por equipos. Nesta categoría tamén obtiveron ouros os loitadores do Club de Loita Lugo Bruno Pintos e Adrián Costa.
Pola tarde disputouse a categoría sénior na os vilalbeses José Cuba e Kevin Cuba enfrentáronse neste primeiro torneo da tempada e no que acadaron unha prata e un bronce respectivamente despois de perder ante o representante do equipo ruso.
As nosas próximas citas serán o Torneo Internacional de Barakaldo a finais deste mes e o Internacional de Burlada a mediados de decembro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario