venres, 13 de febreiro de 2026

CONCENTRACIÓN INTERNACIONAL EN VILALBA

 

Outro ano máis tivemos adestrando en Vilalba a deportistas de equipos nacionais de países latinoamericanos. Nesta ocasión tratouse de Angel Cortés, membro do equipo de Panamá  e que repetiu experiencia antes de partir ao campamento internacionl de Daguestán da man do seu adestrado Catriel Pehuén.

Angel adestrou durante varias semanas no nosos club compartindo experiencias cos nosos deportistas.

O noso club leva anos tentando contar con deportistas de nivel internacional que se acheguen ate o noso pobo e adestren o nos alumnado, unha experiencia única e o alcance so dos deportistas internos nos diferentes centros de alto rendemento e tecnificación deportiva.

Ningún comentario: