O noso deportistas Kevin Cuba proclamouse Campión de España en menos de 97 na categoría U20 nos Campionatos de España que se celebraron este domingo en Madrid. O vilalbés domiñou a categoría facendo patente a súa progresión deportiva contribuíndo ao segundo posto por equipos da selección galega en libre olímpica masculina.
domingo, 15 de marzo de 2026
KEVIN CUBA CAMPIÓN DE ESPAÑA U20
O noso deportistas Kevin Cuba proclamouse Campión de España en menos de 97 na categoría U20 nos Campionatos de España que se celebraron este domingo en Madrid. O vilalbés domiñou a categoría facendo patente a súa progresión deportiva contribuíndo ao segundo posto por equipos da selección galega en libre olímpica masculina.domingo, 15 de febreiro de 2026
CAMPIONATOS GALEGOS U13, U17 E SENIOR
Hoxe tiveron lugar no pavillón vigués de Teis os campionatos galegos das categorías U13, U15 e Senior. Na xornada de maña loitaron os deportistas das categorías U13 e U15 nas que participaron parte do noso alumnado.
Na categoría U13 contamos con Carla Cazás (Ouro), Daniela González (Prata), Norah Santos (abandono por lesión), Isaac Folgueira (Ouro) e Mauro Basanta (Prata).
En U17 contamos coa participación de Sara Martínez (ouro), Mateo Paredes (Ouro), Héctor Somoza (Bronce ), Andrés Maceira (Bronce) e Enrique Seoane (5º).
Pola tarde loitaron os nosos senior cun pleno de podios. Jose Cuba (Ouro), Catriel Pehuén (Ouro), Angel Cortés (Ouro) e Kevin Cuba (Prata).
Poñemos agora a vista nos campionatos de España das diferentes categorías que terán lugar nos próximos meses e nos que contaremos coa participación de varios dos nosos deportistas.
domingo, 1 de febreiro de 2026
CAMPIONATOS GALEGOS U15 e U20
Este sábado tiveron lugar os Campionatos Galegos de de Loitas Olímpicas das categorías U15 e U20 nas que o noso club clasificouse en 3º lugar por equipos.
O campionato disputouse no Pazo Provincial de Deportes de Lugo en xornada de tarde e ate alí desprazámonos cun equipo moi variado.
Na categoría U15 contamos cos Ouros de Sara Martínez, Noela González Carreiras, Jimena García e Bruno Pintos que loitou polo Club Loita Lugo.
Na mesma categoría de idade Noelia Vilasuso e Héctor Somoza acadaron sendas pratas, e Enrique Seoane e Marco Gaute fíxeron bronce. Alonso Maceira rematou a participación neste categoría cun meritorio 6º posto.
Na categoría U20 o gran domiñador foi Kevin Cuba que gañou en 97 kg tanto en libre como grecorromana. Xiao Seonae e Adniel Montes de Oca acadaron o bronce mentres que Mateo Paredes, Andres Maceira e Gabriel Facal remataron en 6ª posición.
Varios destes deportistas clasifícáronse directamente para os próximos campionatos de España da categoría que terá lugar en Langreo o próximo 28 de marzo.
O 14 de febreiro teremos outra cita en Vigo para disputar os Campionatos Galegos das categorías U13, U17 e Sénior.
O sábado pola mañá tamén tiveron lugar o Campionato Galego Sénior de Loita Sambo na que o noso técnico Catriel Pehuen estreouse nesta modalidade acadando o bronce dos pesos pesados.

