![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgT30j1VKOFF_Blsg5-dd2l9GATvnCo1-N7oUB4vFOeUgBRpA5KHkWJ-nbkTV0Cj92BPl_53imemR_cAAXgbeUAp-1NRA7k0j58awEjT5CVO1dzLXmqW-fFDcPOgXRO1WtBJcaYmUp3OYlN/s200/48214870_1569214856557788_8001905830616104960_n.jpg)
Priadun foi coñecido entre os pesos pesados pola súa destreza técnica que lle serviu para superar aos mellores loitadores do momento. Presente en dous Xogos Olímpicos desenvolve agora o seu traballo como técnico na convulsa Crimea, razón pola que nos custa tanto poder contar con el máis veces ao ano.
De cara á próxima tempada gustaríanos contar con Sergei de maneira permanente para que ocupe o posto de técnico xa que a súa presenza aquí nas pasadas ocasións sempre contribuiu á mellora dos nosos deportistas. Agora, con varios deportistas como Ramón Monasterio ou Carlos Yobani García que acompañan a Cuba nun sistema de adestramentos diarios coa vista posta en resultados internacionais fai necesaria a presenza dun técnico de nivel internacional.
Durante a estancia de Sergei ata o día 22, todo aquel que quera achegarse a adestrar con nós está convidado.